lunes, 25 de julio de 2011

Soño dun soño.

Tiñamos una gran libro entre as nosas mans. Esas mans coas que palpabamos as súas vellas e duras tapas, e sentíamos a súa historia e a súa maxia. Un doce cheiro a coiro curtido, a mar, humidade e bosque inundaban o ambiente. Cada páxina daquel tesouro escondía unha ventá secreta. Desexamos formar parte dos seus trazos. Todo foi posible, sólo tivemos que imaxinalo. Seguimos un longo sendeiro, un bosque frondoso esperábanos ao final do camiño.

O murmullo dun río texía música co silencio. Había un vello columpio colgando dunha árbore. As súas follas asemellaban tinguidas por gotas de cristal. Notábase a brisa. Notábamola nos hombros. Subimos ao columpio e deixámonos levar, o vento mecíanos . As gaivotas cantaban dende lonxe. Cerramos os ollos.

Ao solpor, cambiou a melodía, foise quemando o sol. Cantaron os mouchos e sairon as meigas a enfeitizarnos. Seguimos o sendeiro. Choveu miudiño. Notamos a terra baixo os nosos pés. Sentimos a vida, o musgo e o norte. Vimos un baile, soaba a música ao compás dunha danza de adentro, dunha foliada, dunha lembranza, dun agarimo.

O Luar iluminaba o bosque, permitiunos velo todo.  A lúa tamén foi mecida polo vento. Estivemos sentados no seu berce. Colbábannos os pés e mollábamolos no mar. Despedimonos da brisa, da melodía e dos aloumiños das meigas. Quixemos recordar sempre esa sensación, sentirnos vivos e ceives. Guiñamosnos os ollos. Iso servíu para gardar na nosa memoria aquel momento, como quen saca unha fotografía que desexa conservar o resto da súa vida.

Amenceu, quentábannos os raios do sol , ulía a mar, a norte e ...


Espertamos.

e ... 

Espertei.

No hay comentarios:

Publicar un comentario